Colegio Apóstol Santiago

Suscribirse a canal de noticias Colegio Apóstol Santiago
Actualizado: hace 48 mins 32 segs

CELEBRAMOS A CONFIRMACIÓN DE MEDIO CENTO DE MOZOS

16 Diciembre 2017 - 9:00pm
CELEBRAMOS A CONFIRMACIÓN DE MEDIO CENTO DE MOZOS

Case medio cento de mozos, a gran maioria alumnos e alumnas do Colexio, celebraron este venres o sacramento da Confirmación na igrexa da parroquia de San Francisco Javier.  En pleno Advento, e como tempo de esperanza, non hai maior nova que anunciar o compromiso destes mozos e mozas coa súa fe, con Xesús e coa igrexa católica en xeral.

Ler máisconfirmacioncolegioparroquiacentro loyola Idioma Galego

OS FUTUROS UNIVERSITARIOS VISITAN A FEIRA UNITOUR

15 Diciembre 2017 - 12:58pm
OS FUTUROS UNIVERSITARIOS VISITAN A FEIRA UNITOUR

O alumnado de 2º de Bacharelato acudiu esta semana a Feira Unitour, onde as principais universidades españolas ofrecen asesoramento e información sobre las carreiras que imparten nos seus centros.

Ler máisbacharelatoorientación Idioma Galego

O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO RECIBE UNHA CHARLA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

13 Diciembre 2017 - 11:43am
O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO RECIBE UNHA CHARLA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIABelén Charro, doutora en Psicoloxía e profesora da Universidade de Comillas, impartiu unha conferencia aos alumnos de 2º de Bacharelato titulada "Agora, qué fago? Claves para la elección de estudos ou carreira profesional”.Ler máis

ABERTA A CONVOCATORIA DO IV CONCURSO DE CARTEIS

7 Diciembre 2017 - 5:34pm
ABERTA A CONVOCATORIA DO IV CONCURSO DE CARTEIS

O alumnado de ESO e Bacharelato está convocado a participar na cuarta edición do Concurso de Carteis. O traballo gañador será o que anuncie o tradicional Concurso Literario do colexio, que en 2018 cumprirá a súa 32ª edición.

O prazo para a entrega de traballos remata o vindeiro venres, 15 de decembro, polo tanto, non vos despistedes.

Ler máis

DECEMBRO, CHEO DE ACTIVIDADES DA CAMPAÑA DE NADAL

6 Diciembre 2017 - 12:29pm
DECEMBRO, CHEO DE ACTIVIDADES DA CAMPAÑA DE NADAL

O Colexio arranca a Campaña de Nadal 2017, un tempo cheo de actividades e celebracións. Todos e todas estades invitados a participar das diferentes propostas que vos facemos, tanto as máis celebrativas como as que están máis en clave solidaria, sempre coa intención de vivir este tempo de Advento e Nadal.

Ler máis

XA PUBLICAMOS O NOSO BOLETÍN DIXITAL ONLine

5 Diciembre 2017 - 4:26pm
XA PUBLICAMOS O NOSO BOLETÍN DIXITAL ONLine

O acontecido no primeiro trimestre do curso, resumido nas principais novas xeradas polo Colexio, xa está a vosa disposición na primeira newsletter 17/18 que publicamos o pasado 1 de decembro. Novas institucionais, dos nosos alumnos, da Compañía, editorial da dirección....

Ler máis

INICIAMOS O TEMPO DE ADVENTO E NADAL COLABORANDO CO BANCO DE ALIMENTOS

2 Diciembre 2017 - 1:01pm
INICIAMOS O TEMPO DE ADVENTO E NADAL COLABORANDO CO BANCO DE ALIMENTOS

Rematado o primeiro tempo do curso que dedicamos á acollida e ao compromiso, chega o Tempo de Advento e Nadal. Nestas semanas queremos suliñar os valores da esperanza, a tenrura, a solidariedade e acollida cos que máis nos necesitan.

Ler máis

TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

23 Noviembre 2017 - 12:42am
TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana estamos a sensibilizar, dende todos os ámbitos do colexio, sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Ler máis

ESTE NADAL, CAMPAMENTOS TECNOLÓXICOS NO COLEXIO

22 Noviembre 2017 - 1:19am
ESTE NADAL, CAMPAMENTOS TECNOLÓXICOS NO COLEXIO

O Colexio acollerá, durante as vacacións de Nadal, dous campamentos tecnolóxicos destinados ao alumnado dos últimos cursos de Primaria (4º, 5º e 6º) e da ESO. Organizaranse en dúas quendas de catro días cada unha, en horario de mañá (10:00 a 14:00 h).

Quendas: 1ª: do 26 ao 29 de decembro; 2ª, do 2 ao 5 de xaneiro.

Ler máis

O COLEXIO CELEBRA A FESTA DO MAGOSTO

13 Noviembre 2017 - 12:23pm
O COLEXIO CELEBRA A FESTA DO MAGOSTO

A celebración do Magosto 2017, como cada outono, e momento de festa e celebración no Colexio. O alumnado de Primaria gozou dunha das tradicións máis nosas. Este ano, ademais, todos puideron posar cos seus profes no photocall que, con tal motivo, montamos no campo do frontón. Tamén traballaron antes, a través de unidades didácticas, todo o relacionado con esta tradición galega.

Ler máis

RECADADOS 6.135 EUROS PARA O DOMUND 2017

13 Noviembre 2017 - 10:56am
RECADADOS 6.135 EUROS PARA O DOMUND 2017

Neste tempo de Oportunidades e Compromiso, temos unha boa noticia que comunicar desde o Colexio.

Grazas a xenerosidade do alumnado do Colexio Apóstol, das súas familias e do persoal docente e non docente, recadamos 6.135,78 euros para a campaña do Domund deste ano 2017. O que supón 300 euros máis que o ano pasado. Moitas grazas a todos pola colaboración.

Ler máis

O ANTIGO ALUMNO PEDRO VIAÑO, PREMIO EXTRAORDINARIO FIN DE CARREIRA

9 Noviembre 2017 - 6:16pm
O ANTIGO ALUMNO PEDRO VIAÑO, PREMIO EXTRAORDINARIO FIN DE CARREIRA

Pedro Viaño Nogueira, que foi alumno do Colexio entre os cursos 1998/99 e 2009/10, acaba de ser galardoado cun dos Premios Fin de Carreira que otorga a Xunta ao alumnado que cursou estudos nas universidades galegas.

Ler máis

O COLEXIO PRESENTA A SÚA OFERTA DE VOLUNTARIADO SOCIAL PARA O CURSO 17/18

30 Octubre 2017 - 11:54am
O COLEXIO PRESENTA A SÚA OFERTA DE VOLUNTARIADO SOCIAL PARA O CURSO 17/18

Un ano máis, o Colexio oferta a toda a comunidade educativa unha serie de actividades nas que se pode colaborar este curso. Ainda que os destinatarios directos son os nosos alumnos, as familias tamén poden participar neste programa de voluntariado.

Este ano temos abertas liñas de traballo con Cáritas, Xaruma, Fundación Secretariado Xitano, ATEGAL e Bicos de Papel.

Ler máis

VOLUNTARIOS NA CARREIRA CONTRA O CANCRO

25 Octubre 2017 - 1:04am
VOLUNTARIOS NA CARREIRA CONTRA O CANCRO

Un grupo de alumnos do colexio, membros de Rede da Mocidade Solidaria (RMS), colaboraron como voluntarios na loxística da carreira "Vigo contra o Cancro", que se celebrou polas rúas do barrio de Coia. En total acudiron a esta actividades 17 alumnos acompañados pola profesora Ruth Rodríguez.

Ler máis

CELEBRAMOS A VIXILIA DA LUZ COA DIOCESIS

23 Octubre 2017 - 1:29pm
CELEBRAMOS A VIXILIA DA LUZ COA DIOCESIS

Máis de 140 mozos, entre eles o grupo de alumnos de colexio que inician a preparación da súa confirmación, celebraron a Vixilia da Luz. O fixeron xunto a outros grupos e parroquias da diocesis na víspera da fin de semana do Domund 2017. A celebramos na parroquia de San Xosé e Santa Rita xunto a outros grupos xuvenís, de adultos e de parroquias da cidade.

Ler máis

MÁIS DE 800 ALUMNOS VIVEN A EXPERIENCIA DAS CONVIVENCIAS COLEXIAIS

18 Octubre 2017 - 1:29pm
MÁIS DE 800 ALUMNOS VIVEN A EXPERIENCIA DAS CONVIVENCIAS COLEXIAIS

O colexio oferta, un curso máis, a experiencia das convivencias ao seu alumnado. Desde finais de setembro, iniciaronse as quendas cos diferentes cursos de Bacharelato. En total, 120 alumnos e alumnas e 22 educadores (titores, profesores, monitores e xesuítas) compartiron dous días de convivencia en Tui e Dorrón.

Ler máis

O SERVIZO DE ROUPEIRO ABRE O XOVES 28 NO CENTRO GÁRATE

20 Septiembre 2017 - 11:34am
O SERVIZO DE ROUPEIRO ABRE O XOVES 28 NO CENTRO GÁRATE

A Asociación de Nais e Pais do Colexio, ANPA, informa da apertura do servizo de roupeiro que xestionan para este curso. Unha iniciativa que levan a cabo desde o curso 2009/10, e na que se recollen uniformes e equipación deportivas do colexio en bó estado. Roupa que despois se facilita o seu uso a outras familias que así o soliciten. Un servizo gratuito.

Ler máis

COMEZO DO CURSO EN ESO E BACHARELATO

15 Septiembre 2017 - 6:41pm
COMEZO DO CURSO EN ESO E BACHARELATO

O noso alumnado de ESO y Bach comenzou este venres 15 o curso académico 17/18. No patio realizouse a tradicional foto de familia con estudantes e docentes de 4º da ESO e os dos dous cursos de Bacharelato. Con posterioridade, tivo lugar no salón de actos a lección inaugural do curso que impartiu o catedrático en Economía pola Universidade de Vigo, e antigo alumno do colexio, Xavier Labandeira.

Ler máis

LISTADOS DEFINITIVOS FONDO DE LIBROS

15 Septiembre 2017 - 8:20am

- Listaxe DEFINITIVO  PRIMARIA admitidos ->

- Listaxe DEFINITIVO PRIMARIA excluidos ->

NOTA ACALARATORIA ao listaxe definitvo.

- Listaxe DEFINITIVO  ESO ->

A publicación das listaxes definitivas coa adxudicación dos libros de ESO serán antes do 15 de setembro.

LIÑAS DE FORZA CURSO 17/18

7 Septiembre 2017 - 12:21pm
LIÑAS DE FORZA CURSO 17/18

Para empezar o curso, GRAZAS.

Presentamos o cartel e a mensaxe para todo este ano académico 2017/18 que iniciamos a próxima semana.

Son as liñas de forza que cada ano traballamos co noso alumnado e tamén coas familias.

 

Ler máis