Colegio Apóstol Santiago

Suscribirse a canal de noticias Colegio Apóstol Santiago
Actualizado: hace 2 horas 16 segs

XA PUBLICAMOS O NOSO BOLETÍN DIXITAL ONLine

5 Diciembre 2017 - 4:26pm
XA PUBLICAMOS O NOSO BOLETÍN DIXITAL ONLine

O acontecido no primeiro trimestre do curso, resumido nas principais novas xeradas polo Colexio, xa está a vosa disposición na primeira newsletter 17/18 que publicamos o pasado 1 de decembro. Novas institucionais, dos nosos alumnos, da Compañía, editorial da dirección....

Ler máis

INICIAMOS O TEMPO DE ADVENTO E NADAL COLABORANDO CO BANCO DE ALIMENTOS

2 Diciembre 2017 - 1:01pm
INICIAMOS O TEMPO DE ADVENTO E NADAL COLABORANDO CO BANCO DE ALIMENTOS

Rematado o primeiro tempo do curso que dedicamos á acollida e ao compromiso, chega o Tempo de Advento e Nadal. Nestas semanas queremos suliñar os valores da esperanza, a tenrura, a solidariedade e acollida cos que máis nos necesitan.

Ler máis

TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

23 Noviembre 2017 - 12:42am
TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana estamos a sensibilizar, dende todos os ámbitos do colexio, sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Ler máis

ESTE NADAL, CAMPAMENTOS TECNOLÓXICOS NO COLEXIO

22 Noviembre 2017 - 1:19am
ESTE NADAL, CAMPAMENTOS TECNOLÓXICOS NO COLEXIO

O Colexio acollerá, durante as vacacións de Nadal, dous campamentos tecnolóxicos destinados ao alumnado dos últimos cursos de Primaria (4º, 5º e 6º) e da ESO. Organizaranse en dúas quendas de catro días cada unha, en horario de mañá (10:00 a 14:00 h).

Quendas: 1ª: do 26 ao 29 de decembro; 2ª, do 2 ao 5 de xaneiro.

Ler máis

O COLEXIO CELEBRA A FESTA DO MAGOSTO

13 Noviembre 2017 - 12:23pm
O COLEXIO CELEBRA A FESTA DO MAGOSTO

A celebración do Magosto 2017, como cada outono, e momento de festa e celebración no Colexio. O alumnado de Primaria gozou dunha das tradicións máis nosas. Este ano, ademais, todos puideron posar cos seus profes no photocall que, con tal motivo, montamos no campo do frontón. Tamén traballaron antes, a través de unidades didácticas, todo o relacionado con esta tradición galega.

Ler máis

RECADADOS 6.135 EUROS PARA O DOMUND 2017

13 Noviembre 2017 - 10:56am
RECADADOS 6.135 EUROS PARA O DOMUND 2017

Neste tempo de Oportunidades e Compromiso, temos unha boa noticia que comunicar desde o Colexio.

Grazas a xenerosidade do alumnado do Colexio Apóstol, das súas familias e do persoal docente e non docente, recadamos 6.135,78 euros para a campaña do Domund deste ano 2017. O que supón 300 euros máis que o ano pasado. Moitas grazas a todos pola colaboración.

Ler máis

O ANTIGO ALUMNO PEDRO VIAÑO, PREMIO EXTRAORDINARIO FIN DE CARREIRA

9 Noviembre 2017 - 6:16pm
O ANTIGO ALUMNO PEDRO VIAÑO, PREMIO EXTRAORDINARIO FIN DE CARREIRA

Pedro Viaño Nogueira, que foi alumno do Colexio entre os cursos 1998/99 e 2009/10, acaba de ser galardoado cun dos Premios Fin de Carreira que otorga a Xunta ao alumnado que cursou estudos nas universidades galegas.

Ler máis

O COLEXIO PRESENTA A SÚA OFERTA DE VOLUNTARIADO SOCIAL PARA O CURSO 17/18

30 Octubre 2017 - 11:54am
O COLEXIO PRESENTA A SÚA OFERTA DE VOLUNTARIADO SOCIAL PARA O CURSO 17/18

Un ano máis, o Colexio oferta a toda a comunidade educativa unha serie de actividades nas que se pode colaborar este curso. Ainda que os destinatarios directos son os nosos alumnos, as familias tamén poden participar neste programa de voluntariado.

Este ano temos abertas liñas de traballo con Cáritas, Xaruma, Fundación Secretariado Xitano, ATEGAL e Bicos de Papel.

Ler máis

Páginas